Presentación

Un esforzo común, unha meta común: a creación de empresas e a súa consolidación.

Este espazo en internet quere ser unha xanela aberta a comunicación da Rede de técnicos de Emprego espallados por toda Galicia, e de todos aqueles profesionais especializados en creación de empresas e apoio a emprendedores
 
Trátase de dotar á Rede dunha ferramenta útil que preste apoio aos seus membros e contribúa a facer máis doado o seu traballo. Ó tempo, búscase mellorar o coñecemento e a comunicación entre todos, para beneficiarse do "saber facer" común.
 
Con esta vocación compartida nace a UPD Coordina Local, promovida polo IGAPE, BIC Galicia e a Consellería de Traballo.
 
Os obxectivos da UPD, mellorar a coordinación e proporcionar un apoio a todos os técnicos que apoian emprendedores, intentaránse desenvolver tamén nesta web.
 
Esperamos a vosa participación.

Descárgate o folleto de presentación da UPD en formato PDF

 
 
Última actualización ( 16/06/2009 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design